Punto de Encontro, espacio para eventos en A Coruña

Preguntas frecuentes

Todo o importante antes de reservar

Que modalidades poden reservarse

Podes escoller media xornada, de 17:00 a 23:00, ou día completo, de 11:00 a 23:00.

Cando queda confirmada a reserva

Recibirás un email cando a reserva quede confirmada.

Que pasa se deixo o proceso a medias

Gardámosche o horario durante 10 minutos. Se non rematas a reserva, volverá quedar dispoñible.

Pódense engadir servizos

A reserva inclúe media xornada ou día completo. Non hai servizos extra para engadir.

Cal é a dirección do espazo

Rúa das Hortensias, 13, 15008 A Coruña.

Que capacidade ten o espazo

Punto de Encontro está pensado para grupos pequenos. Se queres contarnos como vos ides reunir, escríbenos antes de reservar.

Pódese resolver unha dúbida antes de pagar

Si. Podes escribirnos desde a páxina de contacto antes de completar a reserva.

Que atopas o día da reserva

Terás cociña equipada, mesa para oito, outra pregable por se fai falta, baño completo, sofá, internet e unha terraza baixo as árbores con bancos para sentar.

Que fago se os horarios dispoñibles non me encaixan

WhatsApp

Escríbenos directamente e comprobaremos se podemos preparar un horario personalizado para o que necesitas.

Podo reservar toda a fin de semana

WhatsApp

Podes facer dúas reservas, unha para o sábado e outra para o domingo. Tamén podes contactar connosco para verificarmos a dispoñibilidade e facermos os axustes necesarios.

Cookies e privacidade

Usamos almacenamento técnico necesario para que a web funcione. Google Analytics é opcional e só carga se aceptas a analítica.